Deia
xornal vasco / From Wikipedia, the free encyclopedia
O diario Deia (en éuscaro, A chamada) é un xornal vasco fundado en 1977, de ideoloxía nacionalista vasca. De carácter bilingüe, principalmente escrito en castelán aínda que tamén inclúe artigos en éuscaro, é o produto fundamental da Editorial Iparraguirre S.A. (EISA). Aínda que o seu obxectivo inicial era abarcar todo o País Vasco, actualmente engade ao seu nome o de Noticias de Bizkaia, xa que o seu mercado fundamental é Biscaia, onde é o segundo periódico máis vendido.[1] Pertence ao Grupo Noticias, do que tamén forman parte Diario de Noticias en Navarra, Noticias de Gipuzkoa en Guipúscoa e Noticias de Araba en Áraba.
Datos rápidos DeiaGure lurraren deia, Tipo ...
Deia Gure lurraren deia | |
---|---|
Tipo | información xeral |
Fundación | 1977 |
Fundador | Mitxel Unzueta |
Tendencia | nacionalismo vasco, centrismo |
Lingua | castellano, éuscaro |
Localidade | Bilbao |
Periodicidade | diaria |
Na rede | |
http://www.deia.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar