artista británico / From Wikipedia, the free encyclopedia
David Hockney, nado o 9 de xullo de 1937, é un pintor, debuxante, gravador, escenógrafo e fotógrafo inglés. É un dos maiores representantes da Arte pop da década dos 60, e un dos artistas británicos máis influentes do século XX.
O seu estilo pictórico atópase estreitamente relacionado co sur de California, onde viviu e desenvolveu a súa obra entre 1963 e 2005.[1][2] Dende esta última data, Hockney posúe unha vivenda e estudo en Bridlington, Londres.
O 15 de novembro de 2018 a súa obra Portrait of an artist (Pool with two figures) foi vendida na casa de poxas Christie's en Nova York por 90,3 millóns de dólares, sendo a cifra máis alta que se pagou por unha obra de arte dun artista vivo.[3]