Daoíz e Velarde
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cos nomes de Daoíz e Velarde adóitase referir aos capitáns de artillaría Luis Daoíz y Torres e Pedro Velarde, destinados no cuartel de Monteleón que, desobedecendo as ordes de permanecer acuartelados e pasivos ditadas polo Capitán Xeneral de Madrid Francisco Javier Negrete (seguindo instrucións de Murat), sumáronse ao levantamento do 2 de maio de 1808 contra as tropas francesas.
Achegaron ao movemento popular o espírito de Estado Nacional, para que se unisen a eles, en contra dos franceses, non só o pobo de Madrid, senón o exército e demais estamentos oficiais e particulares.
Sen ningún tipo de axudas nin reforzos, ambos os capitáns, xunto con outros oficiais de menor graduación como o tenente Jacinto Ruiz, e os artilleiros ao seu mando, resistiron até a morte, sen apoio da Xunta Suprema de Goberno (teórica representante da soberanía en ausencia do rei Fernado VII, que viaxaba cara a Francia), nin dos propios militares, pero si foron un dos exemplos dos levantamentos posteriores ao 2 de maio de Madrid.