Cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos
moedas estadounidense de curso legal / From Wikipedia, the free encyclopedia
Os cuartos de dólar do Distrito de Columbia e dos territorios dos Estados Unidos constitúen unha serie de seis moedas emitidas en 2009 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos, a modo de continuación do programa de cuartos de dólar dos 50 estados constituíntes do país, vixente entre 1999 e 2008.[1]
Cuarto de dólar dos 50 estados |
---|
Retrato de perfil George Washington cara á esquerda. Marcas de gravador (JF e WC) e marca de ceca. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / LIBERTY / IN GOD WE TRUST / QUARTER DOLLAR. |
|
As moedas desta serie están dedicadas ao Distrito de Columbia e ás zonas insulares non incorporadas de Porto Rico, Guam, as Illas Virxes estadounidenses, a Samoa Americana e as illas Marianas do Norte.[1] Este programa non abrangue outras illas, ás que se lles atribúe adoito a denominación de Illas Periféricas Menores dos Estados Unidos, xa que a lei que autoriza a emisión limitou o ámbito da palabra "territorio" ás zonas mencionadas.[2]
O anverso das moedas desta serie coincide co das da anterior dedicada aos 50 estados, creado por John Flanagan en 1923 e adaptado polo gravador da US Mint William Cousins, en tanto que o reverso é específico para cada territorio.[1][3]