Crioulo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Crioulo[1] é un europeísmo empregado dende a época da colonización europea de América, aplicándoo ós nados no continente americano, pero cunha orixe europea. A diferenza do indíxena, o crioulo era nas colonias españolas un habitante nado en América de pais europeos (usualmente españois pero tamén doutras orixes étnicas), ou descendente soamente deles.
Tamén se usa o termo crioulismo para designar ó movemento dos fillos de españois nados en España que buscaban unha identidade propia a través do pasado indíxena, de símbolos propios e da exaltación de todo o relacionado co americano. A súa identidade foise fortalecendo como consecuencia das reformas borbónicas que os relegaron dos principais cargos políticos e eclesiásticos en Nova España, situación determinante para o estoupido do movemento insurxente e a consumación da independencia.
A mediados do século XVIII os crioulos de orixe española controlaban boa parte do comercio e da propiedade agraria, polo que tiñan un gran poder económico e unha gran consideración social, pero estaban desprazados dos principais cargos políticos en favor dos nados en España.
En Nova España, a lei prohibía o matrimonio entre un funcionario español peninsular en exercicio e unha crioula; é dicir, muller branca nada en América descendente de españois. Isto non impedía que se efectuasen unións de feito entre mulleres crioulas e funcionarios españois.[2]