Craseonycteris thonglongyai
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Craseonycteris thonglongyai é unha especie ameazada de morcego,[1] orixinaria do oeste de Tailandia e o sueste de Birmania, onde vive en covas de cal, preto de ríos. É o único membro da familia Craseonycteridae.
Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Craseonycteris thonglongyai | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Craseonycteris thonglongyai | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Craseonycteris thonglongyai' Hill, 1974 |
Pechar
Mide entre 29 e 33 milímetros de longo, e a súa masa é duns 2 gramos.[2] É a especie máis pequena de morcego, e pode tamén selo dentro de todos os mamíferos, dependendo de como se defina o tamaño. Os seus competidores máis próximos son as sorícidos, sobre todo a especie Suncus etruscus, que é máis liviá (1,2 a 2,7 g), pero é máis longa (36 a 53 mm cabeza e corpo).[3]