Condestable de Castela
From Wikipedia, the free encyclopedia
Condestable de Castela foi un título de condestable creado polo rei Xoán I de Castela para substituír o de Alférez maior do Reino. Nel recaía o mando supremo do exército e tiña o dereito de levar pendón, mazas e rei de armas. O condestable era o máximo representante do Rei en ausencia do mesmo.
O 6 de xullo de 1382[1] Xoán I concedeu o título a Afonso de Aragón e Foix, tendo carácter vitalicio pero non hereditario. Este tipo de transmisión levaríase a cabo ata 1473, cando Henrique IV nomea condestable a Pedro Fernández de Velasco, a partir do cal o título faríase hereditario. José Fernández de Velasco y Tovar foi o último condestable de Castela, con motivo da Guerra de Sucesión Española.[2]
O condestable Pedro Fernández de Velasco mandou a construción da Casa do Cordón de Burgos e a chamada Capela do Condestable na Catedral de Burgos, onde está sepulto.