Condensador
compoñente electrónico pasivo que almacena enerxía nun campo eléctrico / From Wikipedia, the free encyclopedia
Un condensador é un compoñente electrónico pasivo que consiste nun par de condutores separados por un dieléctrico (illante) o polo baleiro.[1] Cando existe unha diferenza de potencial (voltaxe) entre os condutores, créase un campo eléctrico estático no dieléctrico que almacena enerxía e produce unha forza mecánica entre os condutores. Un condensador ideal caracterízase por un único valor constante, capacitancia, medido en faradios. Este é a proporción da carga eléctrica en cada condutor da diferenza de potencial entre eles.
Os condensadores son moi usados en circuítos electrónicos para bloquearen a corrente continua mentres permiten pasar corrente alterna, en redes de filtrado, para suavizaren a saída das fontes de alimentación, nos circuítos resoadores que axustan os radiotransmisores a frecuencias particulares e para outros moitos propósitos.
O efecto é maior cando hai unha separación estreita entre grandes áreas do condutor, de aí que aos condutores do condensador se lles adoite chamar "placas", en referencia a un antigo método de construción. Na práctica, o dieléctrico entre as placas deixa pasar unha pequena cantidade de corrente de fuga e ten un límite de forza no campo eléctrico, o que resulta nunha voltaxe de ruptura, mentres que os condutores e as patillas introducen unha indutancia e unha resistencia non desexadas.