Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos
axencia estadounidense consultiva en materia de Belas Artes / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos (en inglés: U.S. Commission of Fine Arts —CFA—) é un organismo independente do Goberno federal dos Estados Unidos, creado en 1910 e con sede en Washington, que ten a autoridade de revisar —mais non aprobar— o "deseño e a estética" de todas as construcións de Washington D. C., así como o deseño de moedas, fontes, insignias, medallas, monumentos, parques e estatuas, construídos ou emitidos tanto polo Goberno federal como polo do distrito de Columbia.
Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos | |
---|---|
–United States Commission of Fine Arts– | |
Logotipo da Comisión de Belas Artes dos EEUU | |
Información xeral | |
Formación | 17 de maio de 1910 |
Xurisdición | Estados Unidos |
Sede central | Washington, D.C. Estados Unidos. |
Director | Billie Tsien. |
Sitio web | |
www.ccac.gov |
Consonte a Lei do Vello Georgetown, a Comisión de Belas Artes nomea a Xunta do Vello Georgetown, e esta ten a autoridade para revisar o deseño de todas as estruturas semipúblicas e privadas dentro dos límites do distrito histórico de Georgetown. Pola súa banda, a Lei Shipstead-Luce (1930) outórgalle á Comisión a autoridade non só para revisar senón tamén para aprobar o deseño e a altura dos edificios públicos e privados situados diante dos terreos do Capitolio dos Estados Unidos, así como os terreos da Casa Branca, a avenida Pensilvania desde o Capitolio ata a Casa Branca, a praza Lafayette, o parque Rock Creek, o Parque Zoolóxico Nacional, a estrada Rock Creek e Potomac, o parque Potomac, e o National Mall e os seus parques.[1][2][3]
As competencias da Comisión non abranguen, no entanto, outros lugares senlleiros da capital dos EEUU, como co edificio do Capitolio, a Biblioteca do Congreso nin outros terreos, cuxa supervisión ten atribuída o arquitecto oficial do Capitolio.