Comarca de Campoo-Los Valles
comarca de Cantabria / From Wikipedia, the free encyclopedia
A comarca de Campoo-Los Valles (pronunciado Campó) é unha comarca histórica e xeográfica de Cantabria (España) situada no Alto Ebro, de algo máis de 1.000 km². A súa cota máis elevada está no pico Cuchillón (2.225 msnm), e a máis baixa en Pesqueira (560 msnm), estando Reinosa a 850 msnm.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 1.012,09 km² | ||||
Orixinariamente, segundo se recolle no Libro dos Meiriñados de Castela ou Becerro das Behetrías de Castela (de aproximadamente 1352), o Meiriñado de Aguilar de Campoo comprendía tanto municipios do sur da actual Cantabria, como do norte da provincia de Palencia e da de Burgos, sendo a súa capital a hoxe palentina Aguilar de Campoo, antiga cabeza do vasto Marquesado de Aguilar de Campoo. Posteriormente, a capitalidade trasladouse a Reinosa, cidade que segue ostentando esta condición. O Campoo palentino, quedou tras a división provincial, con Aguilar como poboación máis importante, e englobado actualmente na ampla comarca da Montaña Palentina.
A pesar de que xa existe unha lei de comarcalización de Cantabria, esta aínda non foi desenvolvida polo tanto a comarca non ten entidade real.[1]