Coipú
From Wikipedia, the free encyclopedia
O coipú[2][3] (Myocastor coypus) é unha especie de roedor semiacuático grande e único membro da familia Myocastoridae (miocastóridos). Orixinalmente era nativo da Suramérica tropical e temperada, pero foi introducida en Norteamérica, Europa, Asia, e África, principalmente para a obtención das súas peles.[4] Aínda que segue sendo valorado pola súa pelaxe nalgunhas rexións, o seu comportamento alimenticio destrutivo e o feito de que escava tobeiras fai que esta especie invasora sexa unha auténtica praga en moitas áreas e que se fagan esforzos por controlar as súas poboacións en varios países. Está incluído na lista das 100 das especies exóticas invasoras máis daniñas do mundo[5] da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN).
Coipú Rango fósil: Plioceno tardío-Actual | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Myocastor coypus (Molina, 1782) |
O M. coypus vive en tobeiras que escava ao longo das zonas húmidas. Aliméntase dos talos das plantas das ribeiras dos ríos.[6]