Coia, Vigo
parroquia civil do concello de Vigo / From Wikipedia, the free encyclopedia
San Martiño de Coia[2] é unha parroquia do concello de Vigo. Limita coas parroquias de Alcabre, Bouzas, Castrelos, Comesaña, Freixeiro, Matamá e a cidade de Vigo. Eclesiasticamente, pertence ó arciprestado de Vigo-Fragoso[3].
Datos rápidos Concello, Provincia ...
Coia | |
---|---|
Avenida de Castelao en Coia. | |
Concello | Vigo[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°14′10″N 8°43′36″O |
Poboación | 28.903 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O IGE[4] non inclúe esta parroquia nos seus datos censuais, senón que queda incluída dentro da entidade singular de Vigo. Segundo datos do Concello, en 2020 vivían en Coia uns 28.903 veciños, 13.752 homes e 15.151 mulleres.[5]