Coa morte nos talóns
filme de 1959 dirixido por Alfred Hitchcock / From Wikipedia, the free encyclopedia
Coa morte nos talóns (en inglés: North by Northwest) é un filme estadounidense de 1959 producido e dirixido por Alfred Hitchcock. Está protagonizado por Cary Grant, Eva Marie Saint e James Mason.[3] O guión foi escrito por Ernest Lehman, que quería escribir "o filme de Hitchcock para rematar todas os filmes de Hitchcock".[4] Coa morte nos talóns é unha historia de identidade equivocada, cun home inocente perseguido por todos os Estados Unidos por axentes dunha misteriosa organización que intentan evitar que bloquee o seu plan de sacar de contrabando un microfilme que contén segredos do goberno. Esta é un dos filmes de Hitchcock que inclúe unha partitura musical de Bernard Herrmann e unha secuencia de título inicial do deseñador gráfico Saul Bass, e foi a primeira en presentar un uso prolongado da tipografía cinética nos seus créditos de apertura.[5]
Coa morte nos talóns | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | North by Northwest |
Director | Alfred Hitchcock |
Produtor | Alfred Hitchcock |
Guión | Ernest Lehman |
Intérpretes | Cary Grant Eva Marie Saint James Mason Jessie Royce Landis |
Música | Bernard Herrmann |
Fotografía | Robert Burks |
Montaxe | George Tomasini |
Estudio | Metro-Goldwyn-Mayer |
Distribuidora | Metro-Goldwyn-Mayer |
Estrea | Chicago: 1 de xullo de 1959[1] 21 de xaneiro de 2007 (TVG) |
Duración | 136 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Suspense |
Orzamento | 4,3 millóns de dólares[2] |
Recadación | 9,8 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Coa morte nos talóns é considerado un dos filmes canónicos de Hitchcock da década de 1950 e a miúdo é considerado un dos mellores filmes de tódolos tempos.[6][7][8] En 1995, foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou esteticamente significativo".[9] Despois da súa primeira proxección, os críticos de The New Yorker e The New York Times aclamárono inmediatamente como unha obra mestra da comedia e unha sofisticada autoparodia.[10][11]
Estreouse en galego o 21 de xaneiro de 2007 a través da TVG.[12]