Cidade do Cabo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Cidade do Cabo[1][2][3] (en inglés: Cape Town; en afrikaans: Kaapstad; e en xosa: iKapa), tamén coñecida en galego como Capetón,[1] adaptación fonética do topónimo inglés realizada polos mariñeiros galegos que pescaban nesas augas, é a cidade máis vella de Suráfrica e a segunda máis poboada despois de Xohanesburgo, con 4 710 000 hab. (2021). A cidade é a capital da provincia do Cabo Occidental, así como a capital lexislativa de Suráfrica (dende 1910), e polo tanto acolle o Parlamento de Suráfrica e outras sedes gobernamentais.[4]
Cape Town (en) Kaapstad (af) iKapa (xh) Motse Kapa (st) | |||||
Nomeado en referencia a | Cabo de Boa Esperanza | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Suráfrica | ||||
Província da África (pt) | Cabo Occidental | ||||
Municípios metropolitanos da África (pt) | Município metropolitano da Cidade do Cabo (pt) | ||||
Capital de | Suráfrica Unión Surafricana Município metropolitano da Cidade do Cabo (pt) South Africa during apartheid (en) British Cape Colony (en) (–1910) Província do Cabo (pt) (1910–1994) Cabo Occidental (1994–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.776.313 (2021) (1.538,39 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.454,72 km² | ||||
Bañado por | Baía da Mesa (pt) | ||||
Altitude | 5 m | ||||
Creación | 1652 | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Geordin Hill-Lewis (en) (2021–) | ||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 8001 e 8000 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 45 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Xohanesburgo Pune San Francisco Buenos Aires Funchal Niza Haifa (pt) Hangzhou Antuerpen (1996–) San Petersburgo (2001–) Esmirna (2014–) Monterrey (2016–) Aquisgrán (2017, 2000–) | ||||
Páxina web | capetown.gov.za |
A cidade é coñecida polo seu porto, a súa contorna Patrimonio da Humanidade coñecida como as Áreas protexidas da Rexión Floral do Cabo, e por fitos como a Montaña da Mesa e o Cabo Point. En 2014, Cidade do Cabo foi considerada como o mellor lugar do mundo para visitar polo xornal The New York Times[5] e tamén polo The Daily Telegraph en 2016.[6]