Ciclopropano
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O ciclopropano é un hidrocarburo cicloalcano saturado coa fórmula C3H6, que consta de tres átomos de carbono unidos entre si formando un anel triangular, con dous átomos de hidróxeno unidos a cada carbono dando lugar a unha simetría molecular D3h. O ciclopropano e o propeno teñen a mesma fórmula molecular pero as súas estruturas son distintas, polo que son isómeros estruturais.
Ciclopropano[1] | |
---|---|
Ciclopropano | |
Identificadores | |
Número CAS | 75-19-4 |
PubChem | 6351 |
ChemSpider | 6111 |
UNII | 99TB643425 |
KEGG | D03627 |
ChEBI | CHEBI:30365 |
ChEMBL | CHEMBL1796999 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C3H6 |
Masa molecular | 42,08 g/mol |
Densidade | 1,879 g/L (1 atm, 0 °C) |
Punto de fusión | −128 °C; −198 °F; 145 K |
Punto de ebulición | −33 °C; −27 °F; 240 K |
Acidez (pKa) | ~46 |
Perigosidade | |
MSDS | External MSDS |
Principais perigos | Moi inflamable Asfixiante |
NFPA 704 | |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
O ciclopropano é un anestésico cando se inhala. Nas prácticas anestésicas modernas, foi superado por outros compostos, debido á súa extrema reactividade en condicións normais: cando este gas se mestura con oxíxeno hai un risco significativo de explosión.