Chytridiomycota
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Chytridiomycota constitúen unha división de organismos zoospóricos do reino Fungi (fungos), xeralmente chamados quitridios, cuxo nome deriva do grego χυτρίδιον, quitridios, que significa 'pequena ola', pola estrutura que contén as zoósporas non liberadas con forma de ola. Os quitridios son unha das liñaxes de fungos que primeiro diverxeron da liña principal, e a súa pertenza ao reino dos Fungi está demostrada polas súas paredes celulares de quitina, un flaxelo posterior a modo de látego, a súa nutrición por absorción, o uso de glicóxeno como composto no que se almacena enerxía e a síntese de lisina pola vía do ácido α-aminoadípico (AAA).[2][3]
Chytridiomycota | |||||
---|---|---|---|---|---|
Esporanxio dun espizelomiceto | |||||
Clasificación científica | |||||
| |||||
Clases/Ordes | |||||
|
Os quitridios son saprobios, que degradan materiais resistentes como a quitina e a queratina e ás veces actúan como parasitos.[4] Houbo un incremento significativo na investigación sobre quitridios desde o descubrimento de Batrachochytrium dendrobatidis, o axente causante da quitridiomicose.[5][6]