Chris Cornell
From Wikipedia, the free encyclopedia
Christopher Cornell, nado en Seattle (Washington) o 20 de xullo de 1964 e finado en Detroit (Míchigan) o 17 de maio de 2017,[1] foi un guitarrista, cantante e compositor coñecido sobre todo por ser o vocalista de bandas como Soundgarden e Audioslave. Foi tamén o líder de Temple of the Dog, dende 1990 ata 1992. Comezou a súa carreira musical como batería, antes de converterse en vocalista e guitarrista. Tamén é recoñecido o seu traballo en solitario, editando o seu primeiro álbum, Euphoria Morning, en 1999, e o segundo traballo en xuño do 2007, baixo o título Carry On.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2017.) |
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Pechar