Chaîne des Puys
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Chaîne des Puys (Francés: [ʃɛn de pɥi]) é unha cadea de orientación norte-sur de cono de escoura, domos de lava e maares no Macizo Central de Francia.[1] A cadea ten uns 40 km. de lonxitude e as características volcánicas identificadas, que constitúen un campo volcánico,[2] inclúen 48 conos de escoura, oito domos de lava e 15 maares e cráteres de explosión.[3] O seu punto máis alto é o domo de lava do Puy de Dôme, situado preto do medio da cadea, que ten 1465 m. de altura.[3] O nome da franxa provén dun termo francés, puy, que se refire a unha montaña volcánica de perfil redondeado. Normalmente dáse a data do 4040 a.C. para a última erupción dun volcán Chaîne des Puys.[4]
Chaine des Puys – area tectónica de falla de Limagne | |
---|---|
Vista das Chaîne des Puys dende o Puy de Dôme | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Localización | Departementos de Puy-de-dôme, Réxion Auvernia-Ródano-Alpes |
Tipo | Natural |
Criterios | VIII |
Inscrición | 2018 (42º sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 1434 |
Un exemplo destacado da tectónica de placas en acción e rifting continental, a rexión de Chaîne des Puys converteuse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 2018.[5]