Castro de Santa Trega
castro na Guarda / From Wikipedia, the free encyclopedia
O castro de Santa Trega[1][2] é un castro galaico e un sitio arqueolóxico que se atopa no contorno do monte de Santa Trega. Pertencente á cultura castrexa e é o máis emblemático e visitado dos castros galegos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional no ano 1931[3] e tamén ten a consideración de Ben de Interese Cultural.
Castro de Santa Trega | |
---|---|
Parroquia | A Guarda |
Concello | A Guarda |
Provincia | Pontevedra |
Comunidade autónoma | Galicia |
Id. catálogo | GA36023001 |
Cronoloxía | |
Datas de ocupación | século I a. C. a século I d. C. |
Data da descuberta | 1862 |
Períodos de escavación | 1914 a 1923 1928 a 1933 1983 a 1988 |
Estado actual | Escavado e consolidado parcialmente. Visita libre. Museo anexo |
Extensión estimada | 20 ha. |
Véxase tamén | |
Castros de Galicia |
No castro atópanse desde petróglifos, en varias das pedras do monte, elaborados 2.000 anos antes da ocupación do castro, que, seguindo a tese mantida por de la Peña Santos, director das últimas campañas de escavacións arqueolóxicas na década dos oitenta, tivo unha ocupación continuada entre o século I a. C., ao pouco de comezar o proceso de romanización de Galicia, e o século I d. C., e que a partir dese momento comezou un lento proceso de abandono, que ben puido ter sido interrompido por reocupacións esporádicas temporais en época tardorromana.