Johann Carl Friedrich Gauss (Gauß) (axuda · info) , nado en Brunswick, Ducado de Brunsvique-Luneburgo (Sacro Imperio Romano Xermánico), o 30 de abril de 1777 e finado en Gotinga (Reino de Hannover) o 23 de febreiro de 1855, foi un matemático alemán considerado un dos matemáticos máis grandes e influentes de toda a historia polas súas amplas contribucións en moitos eidos incluíndo a teoría dos números, álxebra, estatística, análise, xeometría diferencial, xeodesia, xeofísica, mecánica, electrostática, astronomía, teoría da matriz, e óptica.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Johann Carl Friedrich Gauss Retrato de Carl Friedrich Gauss, por Christian Albrecht Jensen. |
Nome orixinal | (de) Carl Friedrich Gauß |
---|
Biografía |
---|
Nacemento | (de) Johann Carl Friedrich Gauß 30 de abril de 1777 Braunschweig (Sacro Imperio Romano Xermánico)
|
---|
Morte | 23 de febreiro de 1855 (77 anos) Gotinga |
---|
Lugar de sepultura | Albani-Friedhof (pt) 51°31′55″N 9°56′31″L |
---|
|
|
|
|
Datos persoais |
---|
Residencia | Reino de Hanóver |
---|
País de nacionalidade | Confederación do Rin Reino de Hanôver (pt) |
---|
Educación | Universidade de Gotinga, Universidade de Helmstedt |
---|
Tese académica | Demonstratio nova theorematis omnem functionem algebraicam rationalem integram unius variabilis in factores reales primi vel secundi gradus resolvi posse (en) (1799 ) |
---|
Director de tese | Johann Friedrich Pfaff (pt) |
---|
Coñecido por | Teoría dos números Magnetismo |
---|
Actividade |
---|
Campo de traballo | Físico, matemático e astrónomo |
---|
Ocupación | matemático , agrimensor , profesor universitario , estatístico , físico , astrónomo , escritor de ciencia , xeofísico , científico |
---|
Empregador | Universidade de Gotinga |
---|
Membro de | |
---|
Profesores | Johann Christian Martin Bartels (pt) |
---|
Alumnos | Farkas Bolyai, August Ferdinand Möbius, Peter Gustav Lejeune Dirichlet, Gustav Kirchhoff, Heinrich Christian Schumacher (pt) e Gustaf Svanberg (pt) |
---|
Influencias | |
---|
Lingua | Lingua latina, lingua alemá, lingua inglesa e lingua francesa |
---|
Obra |
---|
Obras destacables |
Doutorando | Christoph Gudermann Christian Ludwig Gerling Richard Dedekind Johann Encke Johann Listing Bernhard Riemann |
---|
Arquivos en | |
---|
Familia |
---|
Cónxuxe | Johanna Osthoff (1805-1809) Minna Waldeck |
---|
Fillos | Eugene Gauss (en) () Friederica Wilhelmine Waldeck (pt) Wilhelmine Gauss (pt) () Johanna Osthoff (pt) Joseph Gauß (pt) () Johanna Osthoff (pt) Therese Gauss (en) () Friederica Wilhelmine Waldeck (pt) |
---|
Pais | Gebhard Dietrich Gauss (en) e Dorthea Benze (en) |
---|
Premios |
|
|
|
Pechar
Ás veces coñecido como Princes mathematicorum[1] (en latín, "o Príncipe dos matemáticos" ou "o Primeiro dos matemáticos") e o "máis grande matemático desde a antigüidade", Gauss ten unha influencia destacable en moitos campos da matemática e da ciencia, e considéraselle un dos científicos máis influentes da historia.[2] Das matemáticas dixo que elas eran "a raíña das ciencias".[3]
Gauss foi un neno prodixio e hai moitas anécdotas referentes á súa precocidade. Fixo os seus primeiros descubrimentos matemáticos innovadores cando aínda era adolescente e completou as Disquisitiones Arithmeticae, a súa obra magna, en 1798, á idade de 21 anos, aínda que non foi publicada ata o ano 1801. Esta obra foi fundamental para consolidar a teoría dos números como disciplina, e influíu neste campo ata hoxe en día.