Carbanión
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un carbanión é un anión no cal o carbono ten un par de electróns non compartidos e ten carga negativa, xeralmente con tres substituíntes dun total de oito electróns de valencia.[1] O carbanión ten unha xeometría piramidal trigonal. Formalmente, un carbanión é a base conxugada dun ácido de carbono (carbon acid).
- R3C-H + B− → R3C− + H-B
onde B é a base. Un carbanión é un intermediario reactivo en química orgánica.