Cantigas de Santa María
composicións líricas do século XIII en galego-portugués / From Wikipedia, the free encyclopedia
As Cantigas de Santa María son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en galego-portugués, que no século XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela.[1] Atópanse repartidas en catro manuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en Madrid (códice To, por Toledo), dous en San Lorenzo de El Escorial (códices E e T) e o cuarto en Florencia (códice F). A colección mariana data de entre os anos 1270 e 1283. A obra conxuga o marioloxio, é dicir, o devezo de configurar unha auténtica compilación dos milagres marianos, coa proxección político-cultural. O rei procurou tanto o carácter enciclopédico da súa obra como que esta se convertese nun traballo de referencia en todo o espazo peninsular e máis aló dos límites deste, adquirindo, deste xeito, un prestixio internacional.[lower-alpha 1]
Cantigas de Santa María | |
---|---|
Orixe | Coroa de Castela |
Lingua | lingua galega |
Xénero(s) | cantiga |
[ editar datos en Wikidata ] |