Canle do Midi
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Canle do Midi (Pronunciación francesa: [kanal dy midi]; occitano: Canal del Miègjorn) é unha longa canle de 240 km. no sur de Francia (francés: le Midi). Orixinalmente chamado "Canal royal en Languedoc" (Canle Real en Languedoc) e rebautizado polos Revolucionarios franceses a "Canal du Midi" en 1789, a canle é considerada unha das maiores obras de construción do século XVII.[1]
Canle do Midi 0u canle do mediodía | |
---|---|
Localización da canle | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Tipo | Cultural |
Criterios | I, II, IV VI |
Inscrición | 1996 (20ª Sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 770 |
A canle une o Garona co Étang de Thau no Mediterráneo e xunto co Canle do Garonne de 193 km, de longo forma a Canle des Deux Mers, que une o Atlántico co Mediterráneo. A canle vai desde a cidade de Tolosa ata o Étang de Thau preto do Mediterráneo.
En rigor, "Canal du Midi" refírese á parte construída inicialmente desde Tolosa ata o Mediterráneo: o proxecto da canle Deux-Mers tiña como obxectivo unir varios tramos de vías navegables para unir o Mediterráneo e o Atlántico: primeiro o Canal du Midi, logo o Río Garona que era máis ou menos navegable entre Tolosa e Bordeos, despois o Canle Lateral do Garona construído máis tarde e, finalmente, o Esteiro de Gironda despois de Bordeos.
Jean-Baptiste Colbert autorizou o inicio dos traballos por real edicto en outubro de 1666, co obxectivo de desenvolver o comercio do trigo, baixo a supervisión de Pierre-Paul Riquet, e a construción durou de 1666 a 1681, durante o reinado de Lois XIV. O Canal du Midi é unha das canles máis antigas de Europa aínda en funcionamento (o prototipo é o Canle de Briare). Os retos destes traballos están estreitamente relacionados cos retos do transporte fluvial na actualidade. O reto clave, plantexado por Pierre-Paul Riquet, era transportar auga desde as Montagne Noire (Montañas Negras) ata Seuil de Naurouze, o punto máis alto da canle.
O Canal du Midi foi inscrito como Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1996, debido á súa excelente enxeñería e deseño artístico, e foi designado como Monumento de enxeñería Internacional Histórico Civil en 2016.[2][3]