Canle do Baixo Guadalquivir
curso de auga de España / From Wikipedia, the free encyclopedia
A canle do Baixo Guadalquivir (tamén coñecida como canle dos Presos)[1][2] é unha canle de rego, unha infraestrutura hidráulica destinada orixinalmente a regar unha superficie de 56.000 hectáreas das provincias de Sevilla e Cádiz. Rega unha superficie de 80.000 ha asociadas á Comunidade de Regadíos do Baixo Guadalquivir.
Datos rápidos Localización administrativa, Estado ...
Canle do Baixo Guadalquivir | |
---|---|
Localización administrativa | |
Estado | España |
Localización xeográfica | |
Continente | Europa |
Características | |
Lonxitude máxima | 158 km |
Mapa | |
Mapa da localización da Canle dos Presos co fondo da provincia de Sevilla | |
Pechar
Foi construído durante o primeiro franquismo por varios miles de presos políticos enmarcados no Servizo de Colonias Penitenciarias Militarizadas, creado en setembro de 1939. Foi a obra pública do franquismo que "durante máis tempo (de 1940 a 1962) utilizou aos presos políticos como principal forza laboral".[3]