Cangrexo
crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, especialmente os da suborde dos braquiúros / From Wikipedia, the free encyclopedia
Chámanse cangrexos[1] ou caranguexos[2] a diversos crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, especialmente aos da suborde dos braquiúros.
Suxeriuse que "Braquiúros" sexa fusionado con este artigo ou apartado (conversa). Para realizar a fusión dos artigos sigue estes pasos. |
- Para a constelación do cangrexo, véxase Cáncer (constelación)
- Para a Supernova do Cangrexo, véxase SN 1054.
Os membros da orde dos decápodos, caracterizados por teren cinco pares de patas, comprenden, entre outros, os crustáceos máis apreciados gastronomicamente, como lagostas, lumbrigantes, centolas ou nécoras. Ademais existen diversas especies que tamén se denominan cangrexos como, por exemplo, o cangrexo violinista, o cangrexo dos coqueiros ou os cangrexos de río.