Campaña militar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha campaña militar[1][2][3][4] consiste nun conxunto de accións militares que transcorren nunha mesma zona xeográfica e nun mesmo período.
No contexto das ciencias militares, unha campaña militar comprende todas as operacións militares, normalmente efectuadas por unha forza defensiva ou atacante, dirixidas á consecución dunha desexada situación militar ou política, dentro dunhas limitacións xeográficas e temporais.