Bryan Cranston
actor, actor de dobraxe, guionista e director de cine estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Bryan Lee Cranston, nado no barrio de Canoga Park nos Ánxeles (California), o 7 de marzo de 1956,[1] é un actor, actor de dobraxe, guionista e director de cine estadounidense. É coñecido polo seu papel de Hal na serie da FOX Malcolm in the Middle, dende 2000 ata 2006, e a Walter White na serie Breaking Bad dende 2008 ata 2013. Por Breaking Bad, gañou un Emmy ó mellor actor nunha serie dramática tres veces consecutivas. Despois de converterse nun dos produtores de Breaking Bad en 2011, tamén gañou o premio Emmy á mellor serie dramática.[2]
Cranston dirixiu episodios de varias series de televisión, incluíndo sete episodios de Malcolm in the Middle, tres episodios de Breaking Bad, e dous de Modern Family. Tamén é famoso polas súas súas interpretacións en filmes como Saving Private Ryan (1998), Little Miss Sunshine (2006), Drive (2011), Argo (2012) e Godzilla (2014).