Brian May
músico e astrofísico inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Brian Harold May, nado en Hampton, Londres, Inglaterra, o 19 de xullo de 1947, é un músico e astrofísico británico, coñecido mundialmente por ser guitarrista, compositor, vocalista e, ocasionalmente, teclista da exitosa banda británica Queen.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2016.) |
Compuxo moitos dos grandes éxitos de Queen e utiliza unha guitarra eléctrica feita por el mesmo, chamada Red Special.[1] É considerado un dos guitarristas máis grandes e orixinais da historia.[2][3] En 2003, a revista Rolling Stone incluíuno no posto 26 da súa lista dos guitarristas máis grandes de todos os tempos. En 2011, a mesma revista, nunha nova lista, situouno no posto número 26.[4] En 2005 unha entrevista de Planet Rock colocouno no posto 7 dos mellores guitarristas.[5]
En 2005 foi nomeado comendador da Orde do Imperio Británico polos seus "servizos á industria da música". May obtivo o doutoramento en astrofísica no Imperial College e en abril de 2007 foi elixido reitor honorífico da Universidade John Moores.[6][7]