Boulton Paul Defiant
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Boulton Paul Defiant era un interceptor británico que operou coa Royal Air Force (RAF) durante a segunda guerra mundial. O Defiant foi deseñado e fabricado por Boulton Paul Aircraft como un "caza de torreta", sen ningún canón fixo que disparase cara a adiante, unha configuración que tamén usaba o Blackburn Roc da Royal Navy.
Boulton Paul Defiant | |
---|---|
Tipo | caza, caza nocturno, adestrador, remolcador de brancos |
Fabricante | Boulton Paul Aircraft |
Deseñado por | John Dudley North |
Primeiro voo | 11 de agosto de 1937 |
Introducido | decembro de 1939 |
Principais usuarios | Royal Air Force Real Forza Aérea de Australia Real Forza Aérea do Canadá Forza Aérea de Polonia |
Unidades construídas | 1 064 |
En combate o Defiant foi efectivo destruíndo bombardeiros, o rol para o que fora deseñado,[1] pero era vulnerabe ao máis manobrable caza Messerschmitt Bf 109 da Luftwaffe. O Defiant deseñárase para destruír bombardeiros sen escolta a través de ataques ventrais[2][3] e polo tanto carecía de armamento que disparase cara a adiante, o que demostrou ser unha gran debilidade en combates diúrnos contra cazas. Porén, tivo éxito cando se converteu nun caza nocturno.[4] Finalmete equipou a trece escuadróns nese rol,[5] en comparación con só dous escuadróns como caza diúrno,[6] aínda que en parte isto debeuse á lenta produción inicial.[7] A mediados de 1942 foi substituído por mellores cazas nocturnos, o Bristol Beaufighter e o de Havilland Mosquito.[5]
O Defiant continuou operando como adestrador de artilleiros, remolcador de brancos, contramendidas electrónicas, e rescate no mar. Entre os pilotos da RAF era alcumado "Daffy".[8]