Blue Angels
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Blue Angels, formalmente chamados U.S. Navy Flight Demonstration Squadron, son un escuadrón de demostración de voo da Armada dos Estados Unidos.[1] Formada en 1946, a unidade é o segundo equipo acrobático formal máis antigo do mundo, tras a Patrouille de France formada en 1931. O equipo, composto por seis pilotos de demostración da Armada e un do Corpo de Marines, voa o Boeing F/A-18 Super Hornet.
Blue Angels | |
---|---|
Activa | 24 de abril de 1946 |
País | Estados Unidos |
Rama | Armada dos Estados Unidos |
Papel | equipo de demostración de voo acrobático |
Alcume(s) | The Blues |
Páxina web | https://www.blueangels.navy.mil/ |
Aeronaves utilizadas | |
Boeing F/A-18E/F Super Hornet Lockheed Martin C-130J Super Hercules |
Os Blue Angels adoitan realizar unhas 60 exhibicións aéreas ao ano, e o público tamén pode asistir ás súas prácticas na súa base de Pensacola, Florida.[2] Os "Blues" aínda empregan moitas das mesmas prácticas e técnicas utilizadas na tempada inaugural de 1946. Estímase que 11 millóns de espectadores ven o escuadrón durante os espectáculos aéreos de marzo a novembro de cada ano. Membros do equipo dos Blue Angels tamén visitan a máis de 50 000 persoas en colexios, hospitais e actos comunitarios nas cidades onde realizan espectáculos.[3] Dende 1946 ata 2018 os Blue Angels tiñen voado diante duns 505 millóns de espectadores.[4]