Bislama
lingua crioula falada en Vanuatu / From Wikipedia, the free encyclopedia
O bislama é unha lingua crioula melanesia falada principalmente en Vanuatu. Ademais é unha das linguas oficiais xunto co inglés e o francés. É a lingua principal de moitos dos ni-Vanuatu Urbanos (os que viven en Port Vila e Luganville), e a segunda lingua para o resto dos habitantes do país.
Datos rápidos Estatuto oficial, Códigos de lingua ...
Bislama | ||
---|---|---|
Falado en: | Vanuatu | |
Rexións: | Europa | |
Total de falantes: | 10.000 200.000 (como segunda lingua) | |
Posición: | non está entre as 100 maiores | |
Familia: | Inglés crioulo Pacífico Bislama | |
Escrita: | latina | |
Estatuto oficial | ||
Lingua oficial de: | Vanuatu | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | bi | |
ISO 639-2: | bis | |
ISO 639-3: | bis
| |
Mapa | ||
Status | ||
Pechar
O bislama é unha mestura de palabras do inglés, francés e as linguas aborixes das familias do norte, centro e sur do arquipélago, cunha sintaxe máis parecida a unha lingua de Vanuatu.
Está moi relacionado co tok pisin de Papúa Nova Guinea, o Pijin das illas Salomón e o broken do Estreito de Torres en Australia.
O himno nacional, Yumi, Yumi, Yumi, está escrito en bislama.