Birgit Nilsson
From Wikipedia, the free encyclopedia
Birgit Nilsson (nada Svensson), nada en Västra Karups (Suecia) o 17 de maio de 1918 e finada o 25 de decembro de 2005 en Bjärlöv (Suecia), foi unha soprano dramática sueca, considerada a mellor soprano wagneriana do seu tempo.[1] Formada musicalmente en Estocolmo, logo do seu debut en 1946 Nilsson cantou na maioría dos grandes teatros de ópera do mundo un repertorio que incluía compositores como Verdi, Puccini e Strauss, antes de retirarse en 1982.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (sv) Märta Birgit Nilsson 17 de maio de 1918 Västra Karup, Suecia (en) |
Morte | 25 de decembro de 2005 (87 anos) Bjärlöv, Suecia (en) |
Lugar de sepultura | Västra Karup cemetery (en) 56°24′40″N 12°44′33″L |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Suecia |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Royal Academy of Music |
Actividade | |
Ocupación | cantante de ópera |
Período de actividade | 1946 - 1984 |
Xénero artístico | Ópera |
Profesores | Joseph Dewar Hislop (en) |
Lingua | Lingua sueca |
Tesitura | Soprano |
Instrumento | Voz |
Premios
| |
En 1958 foi invitada a abrir a tempada do Teatro alla Scala de Milán, un honor adoito reservado a cantantes italianos.[3]
Nilsson morreu aos 87 anos o 25 de decembro de 2005 na súa casa de Bjärlöv, unha pequena vila próxima a Kristianstad en Escania, a mesma provincia que a viu nacer. Non se deu a coñecer ningunha causa da morte. Foi sobrevivida polo seu marido, Bertil Niklasson (finado en marzo de 2007), un cirurxián veterinario que coñecera nun tren e co que casara en 1948. Non tiveron descendencia.[3]