Billie Jean King
tenista profesional estadounidense / From Wikipedia, the free encyclopedia
Billie Jean Moffitt King, nada en Long Beach (California) o 22 de novembro de 1943 é unha ex xogadora de tenis dos Estados Unidos. Está considerada unha das xogadoras máis grandes do tenis e unha das mellores deportistas de toda a historia. Unha das súas mellores vitorias foi cando gañou a Bobby Riggs, campión masculino número 1 do mundo nos anos 1941, 1946 e 1947, quen a retou para demostrar “a superioridade do home sobre a muller”; a vitoria de King supuxo un golpe sobre a mesa na reclamación da igualdade deportiva entre homes e mulleres (cando levou a cabo este duelo, en 1973, ela tiña 30 anos e el 55).[1][2][3][4]
Precursora norteamericana campioa de tenis e activista polo cambio social, en 1973 ameazou con boicotear o Aberto de Tenis dos Estados Unidos a menos que as mulleres recibisen un premio en diñeiro igual ao dos homes. A súa demanda foi atendida e converteuse no primeiro gran torneo no seu tipo en ofrecer igualdade nas retribucións.
Obama subliñou que esta deportista contribuíu á igualdade de xénero non só no deporte, senón en todos os ámbitos da vida pública. King converteuse nunha das primeiras e máis importantes figuras femininas do deporte nos Estados Unidos. Despois da súa carreira profesional de tenis, cando cofundou e dirixiu a World Team Tennis League, King converteuse na primeira comisionada da muller nos deportes profesionais.[5]
É gañadora de 39 títulos de Grand Slam: 12 individuais, 16 en dobres feminino e 11 en dobres mixto.