Betacoronavirus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Betacoronavirus (β-CoVs ou Beta-CoVs) son un dos catro xéneros de coronavirus da subfamilia Orthocoronavirinae, familia Coronaviridae, orde Nidovirales. Son virus de ARN monoctenario de sentido positivo con envoltura de orixe zoonótico. Os xéneros de coronavirus están compostos de varias liñaxes virais e o xénero dos betacoronavirus contén catro liñaxes. Na literatura vella este xénero era coñecido como coronavirus do grupo 2.
Betacoronavirus | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Partículas de MERS-CoV vistan con microscopía electrónica de tinguidura negaiva. Os virións conteñen as características proxeccións con forma de maza que asoman desde a membrana viral.
| |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Subxénros e especies[1][2] | |||||||||||||
|
Os Beta-CoVs de maior importancia clínica para os humanos son o SARS-CoV (causante da SARS) e o SARS-CoV-2 (causante da COVID-19) da liñaxe B, o MERS-CoV (causante da MERS) da liñaxe C, e o OC43 e o HKU1 da liñaxe A.[3] O MERS-CoV é o primeiro betacoronavirus pertencente á liñaxe C que se sabe que infecta humanos.[4][5]
Os xéneros Alphacoronavirus e Betacoronavirus descenden dunha poza xénica de virus dos morcegos.[6][7][8]