Baía de Alxeciras
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Baía de Alxeciras é unha baía situada no sur da Península Ibérica, no estreito de Xibraltar, pechada ao leste pola península homónima, onde se acha a Rocha de Xibraltar. Ten uns 10 km de longo por uns 8 de ancho, o que se traduce nunha superficie de 7500 hectáreas, con profundidades de ata 400 m no centro da baía.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
As súas ribeiras pertencen, de oeste a leste e en sentido horario, aos municipios de Alxeciras, Los Barrios, San Roque e La Línea de la Concepción (na provincia española de Cádiz), e ao Territorio Británico de Ultramar de Xibraltar.
Nas súas beiras atópanse dous activos portos, o de Xibraltar e o de Alxeciras (o cal, co nome de Baía de Alxeciras, ocupa a práctica totalidade da ribeira española).
Dous faros sinalizan a entrada á baía, o de Punta de Europa, en Xibraltar, ao leste, e o de Punta Carnero, na costa alxecireña, ao oeste.