Batalla de Okinawa
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Okinawa (nome en clave: operación Iceberg), librouse na illa de Ryukyu de Okinawa e foi o maior asalto anfibio na guerra do Pacífico.[3][4] Combateuse durante 82 días, desde principios de abril até mediados de xuño de 1945.
Batalla de Okinawa | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a guerra do Pacífico da segunda guerra mundial | |||||||
Un infante de Mariña da 1.ª División abre fogo co seu Thompson, mentres o seu compañeiro se cobre. | |||||||
| |||||||
Belixerantes | |||||||
Estados Unidos Reino Unido (só forzas navais) |
Imperio do Xapón | ||||||
Líderes | |||||||
Simon Bolivar Buckner† Roy Geiger |
Mitsuru Ushijima† | ||||||
Forzas en combate | |||||||
183 000 marines e soldados do exército[1] | 107 000 soldados 24 000 milicianos | ||||||
Baixas | |||||||
12 520 mortos ou desaparecidos 36 631 feridos[2] |
110 000 mortos aproximadamente 7 400 prisioneiros[2] |
A batalla denominouse Tifón de Aceiro en inglés Typhoon of Steel, e chuvia de aceiro (Tetsu no ame) ou vento violento de aceiro (Tetsu no Bofu) en xaponés. Estas denominacións dan conta da ferocidade dos combates, a intensidade dos disparos, e a enorme cantidade de buques aliados e vehículos blindados que asaltaron a illa. A batalla resultou ser unha das que tivo máis vítimas, civís e militares, en toda a segunda guerra mundial: a totalidade dos falecidos supera o cuarto de millón. Cinco divisións do XXIV Corpo dos Estados Unidos, a 7.ª, 27.ª, 77.ª, 81.ª e 96.ª, e dúas divisións de Marines, a 1.ª e 6.ª, combateron na illa, mentres que a 2.ª División de Marines se mantivo en reserva e non se planteou que desembarcara. A invasión foi apoiada por forzas aéreas navais, anfibias e tácticas.
O obxectivo principal da operación era apoderarse da grande illa de Okinawa a só 340 km de distancia do Xapón. Despois dunha longa campaña de ir choutando de illa en illa (os estadounidenses denominaron isto island hopping), os Aliados achegábanse ao Xapón, e planearon usar Okinawa como base para as operacións aéreas para invadir o territorio xaponés, co nome en clave Operación Downfall. Finalmente os bombardeos atómicos sobre Hiroshima e Nagasaki e a entrada soviética na guerra provocarían a rendición do Xapón tan só unhas semanas despois da fin dos combates en Okinawa.