Batalla de Iwo Jima
From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Iwo Jima, denominada en clave «Operación Detachment», é o nome que recibe un dos combates máis sanguentos da segunda guerra mundial, librado na illa de Iwo Jima entre as forzas do exército estadounidense e as do imperio do Xapón de febreiro a marzo de 1945, durante a guerra do Pacífico (1937-1945).
Batalla de Iwo Jima | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Parte de a Guerra do Pacífico, Segunda guerra mundial | |||||||||
Soldados estadounidenses erguendo a súa bandeira en Iwo Jima o 23 de febreiro de 1945. | |||||||||
| |||||||||
Belixerantes | |||||||||
Estados Unidos | Imperio do Xapón | ||||||||
Líderes | |||||||||
Holland Smith | Tadamichi Kuribayashi† | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
70 000 marines | 22 060 soldados[1] | ||||||||
Baixas | |||||||||
6 766 mortos 19 189 feridos[1] |
19 977 mortos 1 063 prisioneiros[2] |
No final dos combates, os estadounidenses lograron conquistar a illa e controlar os seus importantes campos de aviación, aínda que, durante a cruenta batalla, atopáronse cunha resistencia extrema dos xaponeses, resistencia que supuxo a morte da maioría dos seus combatentes.
No cumio do monte Suribachi da illa, nos poucos días do inicio dos combates, o xornalista Joe Rosenthal tomou unha das imaxes máis difundidas da segunda guerra mundial, titulada Raising the Flag on Iwo Jima, galardoada co premio Pulitzer, na que se observa a varios soldados poñendo o mastro con que erixiron a bandeira estadounidense naquel lugar.