Batalla de Glen Shiel
batalla entre tropas españolas e escocesas contra inglesas en Escocia / From Wikipedia, the free encyclopedia
A batalla de Glen Shiel (gaélico escocés: Blàr Ghleann Seile ) tivo lugar o 10 de xuño de 1719 nas Terras Altas de Escocia occidental, durante o Alzamento xacobita de 1719. Enfrontou ao exército rebelde xacobita composto por tropas dos clans escoceses afíns e o Rexemento de Galicia do Imperio Español co exército do goberno do Imperio Británico, reforzadas pola Compañía Independente das Terras Altas.
Batalla de Glen Shiel | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Combatentes | |||||||||
Imperio Británico | Xacobitas británicos España, Rexemento de Galicia | ||||||||
Comandantes | |||||||||
Joseph Wightman | William Murray James Keith Cameron de Lochiel Nicolás de Castro Bolaño | ||||||||
Forzas en combate | |||||||||
c. 1 100 | 1 440 | ||||||||
Efectos | |||||||||
Mortes: 141 mortos e feridos | Mortes: c. 100 mortos e feridos | ||||||||
Pretendíase xerar unha distracción para apoiar un desembarco maior no suroeste de Inglaterra, pero a forza principal veuse afectada por unha treboada no cabo Fisterra e cancelouse varias semanas antes; os contemporáneos de ámbolos lados consideraron que o seu fracaso danou fatalmente a causa xacobita.
A montaña onde aconteceu a batalla chámase Sgùrr na Ciste Duibhe; un pico subsidiario chamado Sgurr nan Spainteach, ou "cume dos españois", conmemora aos españois participantes nesta batalla.[1]