Baryonyx
From Wikipedia, the free encyclopedia
Baryonyx ("garra pesada") é un xénero representado por unha única especie de dinosauro terópodo espinosáurido, que viviu a mediados do cretáceo, hai aproximadamente 125 millóns de anos durante o Aptiano, no que é hoxe Europa e posiblemente África. O primeiro exemplar foi atopado en Inglaterra, e posteriormente reportado no norte de España e Portugal. A única especie coñecida é Baryonyx walkeri. Baryonyx é un dos poucos dinosauros piscívoros coñecidos, con adaptacións para o caso, un longo e baixo fociño, coas mandíbulas estreitas cheas de dentes finamente aserrados e garras coma ganchos para axudarlle a buscar a súa presa principal.
Máis información Baryonyx, Clasificación científica ...
Baryonyx | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especies | |||||||||||||
|
Pechar