Barreira de coral de Nova Caledonia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Barreira de coral de Nova Caledonia é unha barreira de coral situada en Nova Caledonia no Pacífico Sur, sendo a barreira continua máis longa do mundo e a terceira máis grande despois da Gran Barreira de Coral de Australia e do Barreira de Coral Mesoamericana.
Lagoas de Nova Caledonia: diversidade de arrecifes e ecosistemas asociados | |
---|---|
Extremo norte de Grande Terre | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | Francia |
Localización | Nova Caledonia |
Tipo | Natural |
Criterios | VII, IX, X |
Inscrición | 2008 (32º Sesión) |
Rexión da UNESCO | Asia e o Pacífico |
Identificador | 1115 |
A barreira de coral de Nova Caledonia rodea a Grande Terre, a illa máis grande de Nova Caledonia, así como a Ile des Pins e varias illas máis pequenas, acadando unha lonxitude de 1500 km.. O arrecife encerra unha lagoa de 24.000 km², que ten unha profundidade media de 25 m.. Os arrecifes atópanse ata 30 km. desde a costa, pero esténdense case 200 km. ata os arrecifes de Entrecasteaux no noroeste. Esta extensión noroeste encerra as Illas Belep e outros caios de area. Varios pasos naturais abren ao océano. O paso de Boulari, que leva a Nouméa, a capital e porto principal de Nova Caledonia, está marcado polo Faro de Amédée.
En 2008, a barreira de arrecife e a súa lagoa circundante foron inscritas na UNESCO na Lista do Patrimonio Mundial pola súa extraordinaria beleza, a súa xeografía única como arrecife que rodea por completo a Grande Terre e a súa excepcional diversidade mariña (en particular a súa diversidade de coral).[1]