Bank of America
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bank of America Corporation (coñecido simplemente como Bank of America e en ocasións abrevidado BofA ou BoA) é unha empresa estadounidense de tipo bancario e de servizos financeiros multinacional con sede central en Charlotte, Carolina do Norte. É o segundo maior holding bancario dos Estados Unidos por activos.[2] En 2010, Bank of America foi a quinta compañía máis grande do país por ingresos totais,[3] e a terceira non petroleira despoois de Walmart e General Electric. En 2010, a revista Forbes clasificou Bank of America como a terceira empresa máis grande do mundo.[4]
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Bank of America Corporation | |
---|---|
Bank of America Corporate Center, sede central en Charlotte, Carolina do Norte | |
Fundación | 1998 (fusión de BankAmerica e NationsBank) 1956 (como BankAmerica) 1784 (como o seu predecesor, Massachusetts Bank, pola fusión con FleetBoston en 1999) |
Localización | Charlotte, Carolina do Norte (corporación) Nova York (banca de investimento) |
Fundador | Amadeo Giannini (BankAmerica) Hugh McColl (NationsBank) |
Número de empregados | 213 000 (2020)[1] |
Na rede | |
https://www.bankofamerica.com/, https://locators.bankofamerica.com/ e https://bofaml.com | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Coa adquisición de Merrill Lynch en 2008, Bank of America converteuse na maior empresa de xestión de riqueza do mundo e ten un papel importante no mercado da banca de investimento.
A compañía levou a cabo o 12,2 % de todos os depósitos bancarios dos Estados Unidos en agosto de 2009,[5] e é un dos catro grandes bancos dos Estados Unidos, xunto con Citigroup, JP Morgan Chase e Wells Fargo, os seus principais competidores.[6] Bank of America opera en todos os Estados Unidos e en máis de 40 países. Ten un tamaño de banca retallista, que cobre aproximadamente o 80 % da poboación dos Estados Unidos e atende preto de 57 millóns de consumidores e pequenas empresas en 5600 centros bancarios e 16 200 caixeiros automáticos (ATMs).[7]