Bandeira mapuche
bandeira empregada polo pobo mapuche / From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira mapuche refírese a cada unha das bandeiras empregadas como emblema e símbolo pola nación e as comunidades mapuches en Chile e na Arxentina.[1][2] Existen diferentes bandeiras que representaron aos mapuches ao longo da historia e en diferentes territorios,[3] e dende 1992, existe a bandeira contemporánea, coñecida como Wenufoye, a cal está amparada polas normas da «Lei Indíxena» de 1993 e que foi amplamente adoptada como símbolo do pobo mapuche e, de maneira oficial, nalgunhas comunas chilenas para o seu uso xunto coa bandeira de Chile e a bandeira da localidade.