Bandeira de Montenegro
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Montenegro (en montenegrino: Застава Црне Горе, Zastava Crne Gore) aparece descrita no artigo 4º da lei que regula os seus símbolos e que foi aprobada polo Parlamento de Montenegro o 13 de xullo de 2004.
Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira de Montenegro | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 13 de xullo de 2004 |
Cores | Vermello Dourado |
Pechar
Este artigo amosa letras cirílicas. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros. |
É unha bandeira de cor vermella cunha beira dourada na que figura, na súa parte central, o escudo de Montenegro, adoptado en 1993. A altura do escudo debe gardar unhas proporcións de 2/3 respecto á bandeira. As dimensións da bandeira son: 1:2. O escudo de armas foi o brasón do rei Nicolao I de Montenegro, mais non se recuperaron ás súas iniciais НI (letras cirílicas).