Aubrey F. G. Bell
escritor e tradutor inglés / From Wikipedia, the free encyclopedia
Aubrey Fitz Gerald Bell,[1][2][3][4][5][6] nado en Muncaster, Cumbria, Inglaterra o 20 de agosto de 1881[4][7][8] e finado en Vitória,[3][8] Columbia Británica (Canadá) o 7 de maio de 1950,[3][4][8] foi un escritor e tradutor inglés. Pasou dende a infancia longas temporadas en Saint-Jean-de-Luz, Francia, onde a familia posuía unha casa. En Saint-Jean-de-Luz comezou a mostrar interese polas culturas da Península Ibérica e aprendeu o vasco. Cursou estudos clásicos no Keble College da Universidade de Oxford e a partir de 1909 empezou a traballar en Portugal como correspondente do xornal conservador e monárquico Morning Post, o que lle ocasionou problemas coas autoridades da Primeira República de Portugal. Escribiu artigos para diversas publicacións e fixo a tradución ó inglés de diferentes obras. Coa caída de Francia, ó inicio da segunda guerra mundial, decidiu trasladarse ó Canadá coa súa familia.[4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Aubrey Fitz Gerald Bell 20 de agosto de 1881 Muncaster, Reino Unido (pt) |
Morte | 7 de maio de 1950 (68 anos) Victoria, Canadá |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Educación | Universidade de Oxford |
Actividade | |
Ocupación | escritor , tradutor |
Lingua | Lingua inglesa, lingua portuguesa e lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | Barbara Lindsay Wilkie (m. 1933) |
Fillos |
|