Atentado de Niza de 2016
Atentado terrorista en Francia o 14 de xullo de 2016 / From Wikipedia, the free encyclopedia
O atentado de Niza de 2016 foi un ataque terrorista que tivo lugar na cidade francesa de Niza o 14 de xullo de 2016, cando un camión pasou por riba, sobre as 22:40, dunha multitude que estaba festexando o Día Nacional de Francia, no paseo dos Ingleses, moi preto do Hotel Negresco. O condutor do camión foi abatido pola policía, despois de percorrer uns 2 quilómetros e disparando ó mesmo tempo. Até o de agora hai 84 mortos e máis de 200 feridos.[6][7] Segundo Nice Matin, un xornal local, producíronse escenas de pánico entre a poboación, que comezou a correr en tódalas direccións. As forzas da orde, militares incluídos, estabeleceron un perímetro de seguridade.
Datos rápidos Lugar, Coordenadas ...
Atentado de Niza de 2016 | |
---|---|
Ruta do atentado no paseo dos ingleses (Niza). | |
Lugar | Paseo dos Ingleses, Niza, Francia |
Coordenadas | 43°41′28″N 7°14′51″L |
Data | 14 de xullo de 2016 22:40 (CET) |
Tipo de ataque | Asalto con vehículo e tiroteo |
Arma(s) | Renault Midlum |
Mortos | +84[1][2] |
Feridos | 458[3] |
Perpetrador(es) | Home francés de 31 de orixe tunesina (sen confirmar)[4][5] |
Motivo | Xihadismo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar