Asociación Mundial de Boxeo
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Asociación Mundial de Boxeo ou AMB (en inglés World Boxing Association, WBA) é unha organización de Boxeo profesional con sede en Cidade de Panamá, Panamá, anteriormente coñecida como National Boxing Association (NBA) antes de cambiar o seu nome no 1962.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
Asociación Mundial de Boxeo | |
---|---|
Acrónimo | WBA |
Tipo | Deportiva |
Deporte | Boxeo |
Data de fundación | 1962 |
Presidente/a | Gilberto Mendoza |
Sede | Cidade de Panamá |
Na rede | |
https://www.wbaboxing.com/ e https://www.wbaboxing.com/es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
No 1974, a normativa da asociación foi modificada da man de figuras do boxeo como Rodrigo Sánchez ou Elías Córdova para outorgar unha maioría de votos ás nacións latinoamericanas.
O empresario venezolano Gilberto Mendoza é o presidente da asociación desde o 1982. Nos anos 90, as oficinas trasladáronse de Panamá a Caracas, Venezuela ata xaneiro de 2007, cando volveron novamente á Cidade de Panamá.