Asistencia sanitaria
servizos para promover, protexer e restaurar a saúde / From Wikipedia, the free encyclopedia
Coñécese como asistencia sanitaria, atención médica, asistencia médica, atención sanitaria ou atención de saúde, ao conxunto de servizos que se proporcionan ao individuo, co fin de promover, protexer e restaurar a súa saúde.
A asistencia sanitaria é basicamente un servizo ou un ben económico intanxible de tal forma que "o servizo chamado asistencia sanitaria é o que presta un axente ou operador especializado para as persoas que senten ou teñen manifestacións de alteracións no seu estado de saúde e que ademais este servizo préstase baixo unhas determinadas condicións de seguridade e por quen está en posesión dun determinado coñecemento, é dicir, é un servizo especializado e singular que só o poden dar persoas autorizadas ou acreditadas e en centros autorizados". "A singularidade do servizo prestado nun centro asistencial vén determinada por moitos factores que abarcan desde a súa cultura até pola grande influencia doutros sectores da economía". "O tipo de servizo que representa a atención sanitaria pódese diferenciar en base a unha serie de condicionantes, que son por unha banda, o obxecto e a condición de servizo, por outra banda, o motivo de consulta e o tempo previsión da actividade -podendo ser esta asistencia programada ou non programada- e en caso desta última modalidade, pode presentarse con requirimento de urxencia ou sen el. Outra distinción do servizo baséase no lugar onde se realiza a atención, podéndose tratar dunha atención intramuros, as que se realizan dentro dos centros sanitarios, ou extramuros, as que levan a cabo fóra destes, e á súa vez, a atención intramuros pode ser unha atención con ingreso hospitalario ou sen ingreso e neste último suposto, con intervención cirúrxica ou terapéutica invasiva ou sen intervención algunha. Na modalidade extramuros, fóra do hospital, pode requirir estancia e repouso en domicilio –hospitalización a domicilio- ou sen este requirimento".[1]