Arenas de San Pedro
From Wikipedia, the free encyclopedia
Arenas de San Pedro (coñecida como A Andalucía de Ávila[1]) é unha cidade e municipio de España situada no sur da provincia de Ávila, comunidade autónoma de Castela e León. Trátase da capital da comarca do Valle del Tiétar, pertencente ás antigas Tierras de Talavera.[2] A altitude do municipio alcanza os 2 343 m no pico de La Mira, na serra de Gredos. O municipio conta cunha poboación de 6 556 habitantes (INE 2017), o que o converte na terceira poboación en número de habitantes da provincia, por detrás de Ávila e Arévalo. Os núcleos de poboación de Ramacastañas, La Parra e Hontanares pertencen ao municipio baixo a forma de pedanías. Boa parte do municipio pertence ao espazo protexido do parque rexional da Serra de Gredos, sendo o municipio máis poboado da contorna do parque. As festas patronais da localidade celébranse na honra á Virxe do Pilar (8 de setembro) e a San Pedro de Alcántara (19 de outubro).
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||
Provincia | provincia de Ávila | ||||
Capital | Arenas de San Pedro | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.464 (2023) (33,17 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 194,85 km² | ||||
Bañado por | Río Tiétar, Arenal, Ramacastañas River (en) e Pelayo | ||||
Altitude | 510 m | ||||
Punto máis alto | La Mira (2.343 m) | ||||
Comparte fronteira con | El Arenal (pt) Navalcán (pt) Oropesa (pt) Parrillas (pt) Montesclaros (pt) Velada (pt) Lanzahíta (pt) Mombeltrán (pt) San Juan de Gredos (pt) Candeleda (pt) Hoyos del Espino El Hornillo (pt) Poyales del Hoyo (pt) Guisando Santa Cruz del Valle (pt) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Juan Carlos Sánchez Mesón (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 05400 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 05014 | ||||
Páxina web | arenasdesanpedro.es | ||||
As orixes do municipio remóntanse á Idade Media, cando un grupo de poboadores dun núcleo anterior fundou a poboación na localización actual. Recibiu o título de vila en 1393, baixo o reinado de Henrique III de Castela. Durante o resto da Idade Media e a Idade Moderna foi cabeza dun señorío que agrupaba a Arenas de San Pedro e ás aldeas de El Arenal, Guisando, Hontanares, El Hornillo, La Parra, Poyales del Hoyo e Ramacastañas. No século XVIII a vila foi testemuña da presenza da familia do infante Luis Antonio de Borbón e Farnesio e a súa pequena corte de artistas (Francisco de Goya, Luigi Boccherini e Ventura Rodríguez entre outros) que o acompañaron durante un tempo no palacio neoclásico que o infante mandou construír na localidade.