Antíxeno nuclear de célula proliferante
From Wikipedia, the free encyclopedia
O antíxeno nuclear de célula proliferante ou PCNA (do inglés Proliferating cell nuclear antigen) é unha abrazadeira do ADN que actúa como factor de procesividade para a ADN polimerase δ nas células eucariotas e é esencial para a replicación do ADN. O PCNA é un homotrímero (formado por tres unidades PCNA) e debe a súa procesividade a que rodear o ADN como un anel ou abrazadeira, onde actúa como un armazón que recruta proteínas implicadas na replicación do ADN, reparación do ADN, remodelación da cromatina e na epixenética.[1]
A abrazadeira do ADN humana ensamblada é un trímero da proteína PCNA. | |
Antíxeno nuclear de célula proliferante (Proliferating cell nuclear antigen, PCNA) | |
Identificadores | |
Símbolo | PCNA |
Símbolos alt. | ATLD2 |
Entrez | 5111 |
OMIM | |
RefSeq | NP_002583 |
UniProt | P12004 |
Outros datos | |
Locus | Cr. 20 :(5.11 – 5.13 Mb) |
Co PCNA interaccionan moitas proteínas por medio dos chamados motivo de interacción do PCNA, caixa do péptido que interacciona co PCNA (PIP box) [2] e motivo que interaccióna co PCNA homólogo 2 de AlkB (APIM, AlkB homologue 2 PCNA interacting motif).[3] As proteínas que se unen ao PCNA por medio da caixa PIP están implicadas principalmente na replicación do ADN, mentres que aquelas que se unen ao PCNA por medio do APIM son importantes principalmente no contexto do estrés xenotóxico.[4]