Abrazadeira do ADN
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha abrazadeira do ADN (en inglés DNA clamp), tamén chamada abrazadeira escorregante, é un pregamento de proteína que serve como un factor promotor da procesividade durante a replicación do ADN. É un compoñente esencial do holoencima ADN polimerase III, que se une á ADN polimerase e impide que este encima se disocie da febra molde do ADN. As interaccións proteína-proteína abrazadeira-polimerase son máis fortes e máis específicas que as interaccións directas entre a polimerase e a febra molde do ADN. Como un dos pasos limitantes na reacción de síntese do ADN é a asociación da polimerase co molde de ADN, a presenza da abrazadeira escorregante incrementa drasticamene o número de nucleótidos que a polimerase pode engadir á febra en crecemento por cada evento de asociación. A presenza da abrazadeira do ADN pode incrementar a velocidade de síntese do ADN ata 1000 veces en comparación cunha polimerase non procesiva.[2]